My Bag 0 items - 0,00€ 0

Termos e Condicións

  • ENVÍOS

Os envíos realízanse a todo o territorio Peninsular (España e Portugal) e Baleares mediante a empresa Correos Express.

Se prefires recoller o teu pedido en Moraña (Pontevedra), só debes marcar a opción de “Recollida en Moraña” e poñerémonos en contacto contigo para indicarche como proceder.

 

  • Prazos de entrega:

Recibirás o teu pedido nun prazo de 24-48 horas, a través da compañía de transporte Correos Express. Os pedidos que recibimos na nosa web antes das 14 h, prepáranse e envíanse nese mesmo día. Os pedidos realizados despois das 14 h, xestiónanse ao seguinte día laboral. Nas fins de semana ou días festivos, xestiónanse ao seguinte día laborable.

*En períodos de promocións e rebaixas, os prazos de entrega poden verse modificados.

 

  • Custos de envío:

Os envíos a España peninsular terán unha tarifa de envío por pedido de 4,99 € (IVE incluído), e envío gratis a partir de 25 € de compra.

Os envíos a Portugal peninsular terán unha tarifa de envío por pedido de 5,99 € (IVE incluído), e envío gratis a partir de 25 € de compra.

Os envíos a Baleares terán unha tarifa de envío por pedido de 9,99 € (IVE incluído).

Os pedidos que sexan para recoller en Moraña (Pontevedra) non teñen ningún custo adicional.

 

Países Prezo (IVE Incluído) Tempo de envío Envío Gratuíto
España (peninsular) 4,99 € 24/48 Horas > 25 €
Portugal (peninsular) 5,99 € 24/48 Horas > 25 €
Baleares 9,99 € 48/72 Horas

 

*Os gastos de envío inclúen en todos os casos o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), pero ningún outro imposto, taxa, arancel ou recargo.

 

  • Seguimento do teu pedido:

Cando o teu pedido saia das nosas oficinas, recibirás un SMS (imprescindible poñer o número de teléfono para isto) no que se indica o día de admisión, o número de envío para poder facer o seguimento do teu pedido a través da web de Correos Express e un enlace coa Entrega Flexible para poder cambiar a data ou hora de entrega.

 

  • Recepción de pedido en franxa horaria elixida:

As entregas por parte de Correos Express realízanse en días laborables e con posibilidade de entrega os sábados. Recibirás unha SMS  (sempre e cando indiques o teu número de teléfono á hora de facer o pedido) cunha hora aproximada de entrega.

Se queres recibir o teu pedido nunha franxa horaria en concreto podes modificala a través do enlace que chega na mensaxe. Tamén podes escribirnos a pedidos@maraiva.com e transmitiremos rapidamente a Correos Express a túa preferencia. Neste caso, a empresa transportista fará o posible por realizar a entrega dentro do horario indicado.

 

  • Que ocorre se a dirección de entrega é incorrecta?

Revisa a dirección indicada ao realizar o teu pedido para asegurar que os datos son correctos e están completos. En caso de que a dirección non sexa a correcta e o pedido xa fora tramitado ponte en contacto con nós a través do correo pedidos@maraiva.com e explicarémosche como facer.

 

  • Que acontece se non estás o día da entrega?

A entrega realizarase na dirección indicada. Se non te atopas na dirección que indicaches, Correos Express enviarache un SMS co aviso.

Se no segundo reparto tampouco se pode entregar, enviarán un segundo SMS coa finalidade de que haxa comunicación e poidan entregar o paquete o antes posible. Se por algún motivo Correos Express segue sen poder contactar contigo, podes utilizar a información de contacto que contén o SMS. O pedido mentres tanto, permanecerá nas oficinas de empresa transportista da túa zona. Ademais, podes contactar co equipo de MARAIVA para que che facilitemos a información que precises a través do correo pedidos@maraiva.com.

 

  • DEVOLUCIÓNS.

Tes un prazo de 15 días desde a compra para poder facer a súa devolución, ben por decisión propia ou por defectos no produto.

  • Devolucións por defectos no produto.

Poderás devolver sen custo algún calquera produto que presente un defecto de fabricación, sempre e cando se atope sen usar e con toda a embalaxe e elementos accesorios orixinais que viñeran co mesmo. Do contrario, reservámonos o dereito a denegar a devolución.

Dispós dun prazo de 15 días desde a túa compra para comunicarnos a túa falta de conformidade cos produtos. Se se superase dito prazo, danos e prexuízos deberán ser asumidos polo cliente.

Para formalizar a devolución, deberás contactar con nós a través do correo electrónico pedidos@maraiva.com indicando o produto ou produtos obxecto de devolución, anexando unha fotografía xunto coa relación detallada dos seus defectos.

Unha vez recibida a comunicación, informarémoste se procede ou non a devolución. No caso de que proceda, indicarémosche a forma de envío ao noso almacén.

Tras a recepción do produto e constatados os defectos, daremos a posibilidade de substituílo por outro de idénticas características. Se por motivos de falta de stock non puidera procederse ao envío do mesmo, poderás elixir entre a devolución dos importes pagados (incluíndo os gastos de envío), ou un cupón co mesmo importe do produto para gastar na nosa tenda e sen data de caducidade. Ningunha das opcións implica gastos adicionais.

 

  • Devolucións por causas alleas a MARAIVA COSMÉTICA.

Se a devolución é por causas alleas á nosa marca (erro á hora de seleccionar os produtos no proceso de compra, cambio de opinión…), reembolsaranse todos os pagos recibidos excepto os gastos de envío e de devolución. Tes un prazo de 15 días desde a túa compra para contactar con nós a través do e-mail pedidos@maraiva.com, enviándonos os datos referentes ao pedido (nome e número de pedido), así como os datos do produto a devolver. Recibida dita comunicación, indicarémosche a dirección de envío. Lembra que os produtos deben ser enviados no mesmo estado no que se fai a entrega. Unha vez recibido o paquete no noso almacén faremos o reembolso correspondente.

Desde MARAIVA COSMÉTICA non nos facemos responsables da empresa de transporte que contrates.

Se se producise unha reacción ou alerxia na pel, en ningún caso se considerará causa imputable a MARAIVA COSMÉTICA. Isto depende da pel, non do produto en si mesmo. Por suposto, estamos receptivos a calquera feedback ao respecto.

Minimum 4 characters