Descripción
Os nosos discos desmaquillantes reutilizables son a alternativa perfecta aos discos convencionais de usar e tirar. Son unha opción máis artesanal e sostible que evita xerar desperdicios grazas aos seus múltiples usos. A súa sinxeleza no packaging ten como obxectivo minimizar residuos e favorecer o coidado do medio ambiente.
Están feitos a man en Galicia. Son de algodón 100% orgánico con certificado GOTS (Global Organic Textile Standard). Unha cara é suave para desmaquillar os ollos e outra cara é de rizo de toalla para o resto da pel. Son hipoalerxénicos, aptos para peles moi sensibles.
- Recomendacións de uso: lavar antes de usar a primeira vez. Pódense lavar a man ou na lavadora (máximo a 30ºC). Non usar lixivia nin suavizantes.