Champú Sólido de Uso Frecuente (60 g)

10,95 IVE Incluído

Unha auténtica xoia inspirada na tradición das herbas de San Xoán e na natureza galega. Pecha os ollos e imaxina o sol acariñando a túa pel mentres vas recoller as herbas de San Xoán para facer o cacho. Ese é o espírito do noso champú sólido, unha auténtica xoia inspirada na tradición galega e na natureza. Feito con amor en Galicia e un recordo constante ao verán e aos seus bos momentos.

O romeu e a herbaluisa, entre outros ingredientes, entrelázanse nesta fórmula para nutrir e fortalecer o cabelo. Tamén contén fiúncho, símbolo dos maios, festa popular do mes de maio con gran tradición en Galicia. É unha envoltura de sensacións refrescantes, como camiñar pola natureza ao fresco.

  • Nutrición e fortalecemento: o romeu, a herbaluisa, o fiuncho e a malva entrelázanse nesta fórmula para nutrir e fortalecer o teu cabelo.
  • Ingredientes naturais e ecolóxicos: formulado con ingredientes naturais, ecolóxicos e veganos, incluíndo plantas da tradicional auga de San Xoán e aceite de jojoba.
  • Brillo e frescor: achega brillo e unha sensación de frescor no coiro cabeludo, sendo apto para todo tipo de cabelos – especialmente graxos – e para o método curly.

Proba o champú sólido Maraiva e sente a frescura e vitalidade desexadas para o teu cabelo!

Hai existencias (pode reservarse)

Categorías: , , Product ID: 5606

Descripción

  • Modo de emprego: humedecer o pelo e deslizar a pastilla varias veces sobre o cabelo. Masaxear suavemente ata obter a cantidade de escuma desexada. Aclarar con abundante auga. Despois de usar a pastilla, deixala secar.
  • Principios activos destacados:romeu, herba luísa, fiúncho, malva e aceite de jojoba.
  • INCI: Sodium Cocoyl Isethionate, Rosmarinus Officinalis Leaf Water*, Montmorillonite, Aqua, Olea Europeae Fruit oil*, Stearic Acid, Lauryl Glucoside, Disodium Cocoyl Glutamate, Simmondsia Chinensis Seed Oil*, Helianthus Annuus Seed Oil*, Malva Sylvestris Flower Extract, Rosmarinus Officinalis Essential Oil*, Lippia Citriodora Essential Oil*, Foeniculum Vulgare Dulce Fruit Oil*, Potassium Sorbate, Tocopherol, Limonene**

* Procedente de agricultura ecolóxica, **alérxenos presentes en aceites esenciais

Minimum 4 characters