Descripción
Inspirada na tradicional auga de San Xoán. Limpa e purifica a pel aportando luz ao rostro.
- Modo de emprego: aplicar unhas gotas nun disco desmaquillante e realizar unha suave masaxe no rostro e ollos ata a completa limpeza. Usar mañá e noite.
- Principios activos: auga floral de laranxa, auga floral de limón, aceite vexetal esencial de romeu, extracto de malva, glicerina, aloe vera.
- INCI: Aqua, Citrus aurantium dulcis (Orange) fruit water, Citrus aurantium limon (lemon) fruit water, Betaine, Glycerin, Cocamidopropyl betaine, Aloe barbadensis leaf juice, Rosmarinus officinalis oil, Malva sylvestris flower extract, Sodium Benzoate, Potassium sorbate, Sodium chloride, Citric acid, Limonene*, Linalool. **Compoñentes presentes no perfume natural.
*Testado dermatoloxicamente
Compromiso solidario con Amicos: Cada vez que compras a auga micelar Maraiva, estás a facer unha diferenza. Por cada unidade, doamos 0,50 euros a Amicos, unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica á atención e integración de persoas con diversidade funcional intelectual, autismo, parálise e dano cerebral. Cada compra contribúe directamente a mellorar a vida das persoas que máis o necesitan. É unha forma de beleza que vai máis alá da pel!