Carro 0 items - 0,00€ 0

Principios Activos

450_1000
CASTAÑA

Antes da chegada da pataca e do millo, a castaña era un alimento básico en Galicia e hoxe en día é un produto de calidade. As súas vitaminas e antioxidantes convértena nunha aliada da pel contribuíndo á súa hidratación e suavidade.

Maraiva Sentir Natural
ACEITE DE AGUACATE

O seu alto contido en ácidos graxos favorece a nutrición da pel e ao mesmo tempo o seu brillo e elasticidade. É apto para peles secas e sensibles. Un gran amigo que axuda a manter un rostro luminoso.

Maraiva Sentir Natural
ACEITE DE COCO

É outro amante da hidratación profunda grazas ao elevado contido en auga que ten o coco e un gran apoio para a súa protección e prevención das engurras.

Maraiva Sentir Natural
ALOE VERA

Axuda a regular o sebo e a minimizar os cambios da pel como consecuencia da idade. Tamén é un magnífico hidratante e rexenerador celular.

Maraiva Sentir Natural
ÁCIDO HIALURÓNICO

Atrae e retén unha grande cantidade de auga polo que nos aporta unha profunda hidratación. Ademais axuda a disimular as pequenas liñas de expresión e a dar un aspecto máis terso ao noso rostro.

Maraiva Sentir Natural
CAESALPINIA SPINOSA (TARA)

Aporta vitaminas C, B e azúcares complexos. Presenta cualidades hidratantes e protectoras que reducen a perda de auga e a descamación. Mellora o aspecto da nosa pel e consegue un efecto antienvellecemento.

Maraiva Sentir Natural
ARANDO

O arando dota á pel dun gran poderío e dun aspecto mozo axudando a previr o envellecemento precipitado por factores como o fume do tabaco, a exposición ao sol ou os relacionados coas hormonas. Ademais coa vitamina C que posúe, actúa como antioxidante e axuda a producir coláxeno.

Moras
MORA

Conta con vitaminas E e C e outros antioxidantes que protexen a pel. As súas propiedades tamén contribúen a evitar o envellecemento prematuro e a controlar a pel graxa.  

Maraiva Sentir Natural
ACEITE DE FRAMBOESA

Reduce as engurras polo que é un principio activo idóneo para o tratamento de peles maduras. Ao igual que o arando e a mora é un gran antioxidante.

Maraiva Sentir Natural
ACEITE DE OLIVA

Hidrata profundamente a pel seca e é un gran inimigo das engurras. Axuda a deixar a pel máis suave e nutrida. É o ouro líquido que contribúe á rexeneración da pel grazas aos seus minerais, vitaminas e antioxidantes.

Maraiva Sentir Natural
AGUAS FLORAIS DE LARANXA E LIMÓN

Ofrecen un concentrado de beneficios para a pel debido ás súas propiedades calmantes e ademais son grandes amigas da tonificación. De aí que sexan ingredientes protagonistas na nosa auga micelar.

Maraiva Sentir Natural
ACEITE ESENCIAL DE ROMEU

Trátase doutro dos nosos lovers. Hidrata e nutre a pel aportándolle elasticidade e luminosidade. Ten propiedades antiinflamatorias coas que axuda a controlar a pel graxa e tamén ten efecto calmante polo que é apto para todo tipo de peles.

Maraiva Sentir Natural
MALVA

Xa era unha planta moi apreciada polos gregos e os romanos. Proporciona elasticidade á pel e favorece a súa hidratación. A isto súmanse as súas características antiinflamatorias e antioxidantes que a converten nun ingrediente con potencial rexuvenecedor.

Maraiva Sentir Natural
XENXIBRE

Trátase dunha raíz con numerosas propiedades para a beleza. É outro compoñente do grupo dos antioxidantes. Tamén posúe propiedades antiinflamatorias e enerxizantes. Axuda a eliminar as olleiras e a combater o envellecemento.

Maraiva Sentir Natural
ACEITE ESENCIAL DE LAVANDA

Outro gran rexuvenecedor e rexenerador con efecto calmante. Mitiga a inflamación da pel como por exemplo a da pálpebra inferior dos ollos.

Únete ao noso Newsletter

Contacta

Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)
Teléfono: 622 537 135
Email: maraiva@maraiva.com

Únete ao noso Newsletter

Contacta

DIRECCIÓN

Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)

TELÉFONO

622 537 135

E-MAIL

maraiva@maraiva.com

Minimum 4 characters