CASTAÑA
Antes da chegada da pataca e do millo, a castaña era un alimento básico en Galicia e hoxe en día é un produto de calidade. As súas vitaminas e antioxidantes convértena nunha aliada da pel contribuíndo á súa hidratación e suavidade.
MORA
Conta con vitaminas E e C e outros antioxidantes que protexen a pel. As súas propiedades tamén contribúen a evitar o envellecemento prematuro e a controlar a pel graxa.
ARANDO
O arando dota á pel dun gran poderío e dun aspecto mozo axudando a previr o envellecemento precipitado por factores como o fume do tabaco, a exposición ao sol ou os relacionados coas hormonas. Ademais coa vitamina C que posúe, actúa como antioxidante e axuda a producir coláxeno.
FRAMBOESA
Reduce as engurras polo que é un principio activo idóneo para o tratamento de peles maduras. Ao igual que o arando e a mora é un gran antioxidante.
ROMEU
Trátase doutro dos nosos lovers. Hidrata e nutre a pel aportándolle elasticidade e luminosidade. Ten propiedades antiinflamatorias coas que axuda a controlar a pel graxa e tamén ten efecto calmante polo que é apto para todo tipo de peles.
FIUNCHO
Es rico en vitaminas y minerales como vitaminas C, calcio e ferro. Axuda a fortalecer o cabelo e estimula o seu crecemento. Ademais ten propiedades purificantes que axudan a eliminar toxinas e o exceso do sebo do coiro cabeludo.
MALVA
Xa era unha planta moi apreciada polos gregos e os romanos. Proporciona elasticidade á pel e favorece a súa hidratación. A isto súmanse as súas características antiinflamatorias e antioxidantes que a converten nun ingrediente con potencial rexuvenecedor.
HERBA LUISA
É un tesouro para a o coidado capilar. As súas propiedades fortalecen os folículos pilosos, estimulando o crecemento. Ten propiedades antioxidantes e calmantes que alivian a irritación e o picor. O seu aroma fresco e cítrico proporciona unha experiencia relaxante.
LARANXA E LIMÓN
As augas florais de limón e de laranxa ofrecen un concentrado de beneficios para a pel debido ás súas propiedades calmantes e ademais son grandes amigas da tonificación. De aí que sexan ingredientes protagonistas na nosa auga micelar.
ACEITE DE OLIVA
Hidrata profundamente a pel seca e é un gran inimigo das engurras. Axuda a deixar a pel máis suave e nutrida. É o ouro líquido que contribúe á rexeneración da pel grazas aos seus minerais, vitaminas e antioxidantes.
ALOE VERA
Axuda a regular o sebo e a minimizar os cambios da pel como consecuencia da idade. Tamén é un magnífico hidratante e rexenerador celular.
Únete ao noso Newsletter
Contacta
Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)
Teléfono: 622 537 135
Email: maraiva@maraiva.com
Únete ao noso Newsletter
Contacta
DIRECCIÓN
Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)