My Bag 1 item - 28,95€ (con IVE) 1

Descubre Maraiva

O PROXECTO

Galicia é natureza e ten moito que ofrecer á cosmética. Baixo ese principio nace o proxecto MARAIVA, cosmética natural galega inspirada en recordos agradables. Nos nosos cosméticos combinamos materias primas con tradición en Galicia con outros ingredientes naturais estrela no coidado persoal. Trátase dun xeito máis de compartir os tesouros naturais que nos ofrece esta terra máxica, sempre desde o amor a ela e ao autocoidado, así como de fomentar un comercio ético e local en favor do medio ambiente.

Valores

NATURAL
Contribuímos á posta en valor dos bens da natureza, así como ao coidado do medio ambiente.

SENSORIAL
Apostamos pola cosmética natural como ritual de beleza para espertar os sentidos. Os olores son o noso diferencial.

CALIDADE
Traballamos co laboratorio galego Iuvenor Lab, acreditado e especializado na fabricación de cosmética natural.

SOSTIBLE
Camiñamos cara este principio conscientes de que sempre hai aspectos que mellorar e niso poñemos todo o empeño.

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA
Colaboramos con iniciativas solidarias e de concienciación baseadas no coidado das persoas e do medio ambiente.

Grazas a ti podemos axudar. Persoas que axudamos a persoas!

Coa túa compra estás colaborando coa Fundación Amicos, parte dos nosos beneficios van destinados a eles.
A Fundación Amicos é unha asociación sen ánimo de lucro para a atención e integración de persoas con diversidade funcional intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias. Unha asociación que traballa para facer felices ás persoas con diversidade funcional transformando as discapacidades en capacidades e que leva a cabo actividades de concienciación e coidado do medio ambiente, entre outras moitas.

Únete ao noso Newsletter

Contacta

Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)
Teléfono: 622 537 135
Email: maraiva@maraiva.com

Únete ao noso Newsletter

Contacta

Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)
Teléfono: 622 537 135
Email: maraiva@maraiva.com

Minimum 4 characters