O PROXECTO
Galicia é natureza e ten moito que ofrecer á cosmética. Baixo ese principio nace o proxecto MARAIVA, cosmética natural galega inspirada en recordos agradables. Nos nosos cosméticos combinamos materias primas con tradición en Galicia con outros ingredientes naturais estrela no coidado persoal. Trátase dun xeito máis de compartir os tesouros naturais que nos ofrece esta terra máxica, sempre desde o amor a ela e ao autocoidado, así como de fomentar un comercio ético e local en favor do medio ambiente.
Valores
NATURAL
Contribuímos á posta en valor dos bens da natureza, así como ao coidado do medio ambiente.
SENSORIAL
Apostamos pola cosmética natural como ritual de beleza para espertar os sentidos. Os olores son o noso diferencial.
CALIDADE
Traballamos co laboratorio galego Iuvenor Lab, acreditado e especializado na fabricación de cosmética natural.
SOSTIBLE
Camiñamos cara este principio conscientes de que sempre hai aspectos que mellorar e niso poñemos todo o empeño.
RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA
Colaboramos con iniciativas solidarias e de concienciación baseadas no coidado das persoas e do medio ambiente.
Cosmética natural galega que mantén vivas as tradicións
En Maraiva Sentir Natural entendemos a cosmética como un acto de coidado profundo: da pel, da natureza e da nosa identidade. Cada un dos nosos produtos está inspirado en tradicións galegas, en momentos do ciclo anual e en saberes populares que falan de conexión coa terra, cos rituais colectivos e coa memoria compartida.
Ao escoller Maraiva, apostas por cosmética natural galega, elaborada con ingredientes respectuosos e cunha filosofía que pon en valor o que somos. Cada compra contribúe a manter vivas tradicións reinterpretadas desde o presente, con respecto e conciencia.
- San Xoán: inspirado na noite máis curta do ano, no lume purificador e nas herbas aromáticas. San Xoán simboliza renovación, limpeza e novos comezos, unha tradición profundamente ligada á natureza e aos rituais de coidado.
- Os Maios: celebran a chegada da primavera, o renacer da vida e a explosión do verde. Esta tradición conecta coa alegría, coa terra e co agradecemento polos ciclos naturais.
- Magosto: unha homenaxe ao outono, ás reunións arredor do lume e aos sabores que reconfortan. O Magosto fala de comunidade, de calor compartido e de coidado nos meses máis fríos.
- Vendima: inspirada no tempo da colleita, no esforzo colectivo e na celebración dos froitos da terra. A vendima representa abundancia, traballo compartido e respecto polos ritmos naturais.
- Augas florais: baseado no saber popular e nas antigas prácticas de coidado, cando as augas aromáticas formaban parte da botica da casa. As augas florais evocan limpeza, frescura e luz, recuperando a tradición de empregar ingredientes naturais para o coidado diario da pel.
Cada produto de Maraiva é unha pequena expresión de memoria viva. Un xeito de traer ao presente tradicións galegas a través da cosmética natural, sostible e consciente.
PRODUTOS DESTACADOS
-
O prezo orixinal era: 78,85€.49,90€O prezo actual é: 49,90€. IVE Incluído
-
3,99€ IVE Incluído Este produto ten múltiples variantes. As opcións pódense elixir na páxina de produto
-
Únete ao noso Newsletter
Contacta
Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)
Teléfono: 622 537 135
Email: maraiva@maraiva.com
Únete ao noso Newsletter
Contacta
Rúa Un, 69, Planta 2, Porta D 36660 Moraña (Pontevedra)
Teléfono: 622 537 135
Email: maraiva@maraiva.com
